Ir o contido principal

Plan de Concellos 2017

FacebookTwitterShare
Plan de Concellos 2017

O goberno local aprobou este pasado luns na Xunta de Goberno local unha proposta da Concellaría de Obras e Servizos cos proxectos para remitir á Deputación Provincial con cargo ao Plan de Concellos 2017 da Depo, dentro da liña 1 que terá que ser aprobado pola Deputación para comezar a licitar.

Estes proxectos suman un total de investimentos de 729.305,13€ e resúmense nas seguintes actuacións:

PLAN DE ALFALTADO DE CAMIÑOS NAS PARROQUIAS …………….. 219.454,23€

(Rúa Reboredo, Rúas Salgueira-Faroleira, Rúas Novás-Parada, Rúa Barreiras de Liméns, Rúas Lagar e Tella, Rúas Gruncheiras e Carballal. Estes camiños e rúas súmanse ao asfalto e instalación do abastecemento no barrio de Herbello en Aldán que está contemplado nos orzamentos municipais 2017).

HUMANIZACIÓN RÚA ROSALÍA DE CASTRO………………………………. 36.905,17€  

(no Barrio de O Forte continuando coa humanización das rúas transversais deste barrio peonil  que comezou no 2016 coa humanización da rúa Mestre Tenreiro).

HUMANIZACIÓN RÚAS BAIONA E MENDEZ NUÑEZ ………………….. 151.802,90€ 

PROXECTO DE RESTITUCIÓN DE ESCALEIRAS EN RÚA BUENOS AIRES ……………………………………  20.961,41€

PROXECTO DE REPOSICIÓN DE SERVIZOS E PAVIMENTACIÓN EN RÚA BUENOS AIRES ………………………  57.863,03€

REHABILITACIÓN DA CASA DOS POBRES, RÚA ENSINANZA, DARBO, CANGAS …………………………………..  53.837,59€

MEMORIA VALORADA CUBERTA PRAZA DE ABASTOS ……………….. 43.197,00€

CINCO MINIPUNTOS LIMPOS NAS PARROQUIAS DE CANGAS …….. 20.000,00€

ADECUACIÓN Á NORMATIVA PARQUES INFANTILES SEÑAL, ESTACIÓN BUS E NAZARET ………………… 35.937,54€

ADECUACIÓN Á NORMATIVA PARQUES INFANTILES SOCOTELO,ALDÁN, VILARIÑO, IRMANDADES E A CAINA …………. 45.868,86€

ADQUISICIÓN ROZADORA DE BRAZO PARA TRACTOR ……………… 21.767,90€

ADQUISICIÓN VEHÍCULO ELÉCTRICO PARA PARQUES E XARDÍNS ………………………… 21.719,50€

Este ano, en canto aos parques infantís, optamos pola reparación, substitución de elementos e adecuación á normativa vixente dos parques que temos nas distintas parroquias e no centro de Cangas porque entendemos prioritario que estes parques que soportan moito uso pola grande afluencia de cativos e cativas estean en condicións óptimas antes de abrir novas zonas. Dedicamos mais cantidade a asfaltado de viais e centrámonos tamén na mellora das instalacións e maquinaria para poder ofrecer uns Servizos públicos de calidade.

En canto á chamada “casa dos pobres” rehabilitarase para conseguir máis apartamentos para dar servizo ás persoas que por necesidade social precisen unha vivenda temporal. O edificio actualmente conta cun apartamento arranxado fai máis de 6 anos e con tres vivendas inutilizadas que se pretenden rehabilitar para estes usos de benestar social.