Inicio dos Obradoiros de Tempo Libre

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas informa de que o vindeiro día 16 de outubro darán comezo os obradoiros de tempo libre, nos que participan 532 persoas maiores e 80 persoas pertencentes a colectivos de Cangas, as cales se inscribiron durante o pasado mes de setembro. Os cursos con maior demanda son os de ximnasia, con 180 participantes, e Ioga, con 130 participantes.
Os obradoiros prolongaranse ata o mes de xuño de 2018 e desenvolveranse nas seguintes dependencias municipais:
- Ximnasia: Pavillón de Romarigo
- Ximnasia: Pavillón de Gatañal
- Ximnasia: Centro Sociocultural de Coiro
- Bailes de salón: Centro Social Cangas
- Ioga: Centro Social Cangas, Casa do Mar Aldán
- Pilates: Centro Social Cangas
- Informática: Centro Social Cangas.
- Memoria: Centro Social Cangas, Escola vella do Hío, e Casa da Aldea de Nerga
- Pintura: Centro Social Cangas
O Concello de Cangas pretende, un ano máis, enfocar estes obradoiros dirixidos para persoas maiores e colectivos cunha tripla función: educativa, lúdica e de saúde.
Os/As participantes poderán consultar os distintos grupos e horarios que lle corresponden no Centro Social de Cangas, no Centro Municipal de Benestar Social, e na Casa da Xuventude, a partires do luns 9 de outubro.
Así mesmo, desde o luns 9 ata o vindeiro venres 13 de outubro, ábrese un prazo para cubrir vacantes en distintos obradoiros para persoas maiores. As actividades nas que existen prazas vacantes son:
- Ximnasia Gatañal/ Romarigo
- Pintura
- Memoria en Cangas e Nerga
- Informática.
- Ioga Aldán
Dado que este é un prazo excepcional de inscrición, as vacantes concederanse por rigorosa orde de rexistro.
Lembramos que para participar nestes obradoiros hai que cumprir os seguintes requisitos:
- Estar empadroado/a no Concello de Cangas
- Pagar 30 euros no momento da inscrición
- Ter mais de 55 anos: acreditando ser pensionista ou carecer de rendas, a excepción do subsidio de desemprego (e non ter traballado nos últimos 12 meses)
- Log in to post comments