Ir o contido principal

Información Cangas en Negro 2017

FacebookTwitterShare
Información Cangas en Negro 2017

Cangas en Negro é unha iniciativa que nace do traballo colaborativo entre as administracións, a veciñanza e o tecido económico local. O ano pasado traballamos co pequeno comercio de Cangas, pero este ano queremos dar un paso máis e facer partícipe a toda a veciñanza.

Por este motivo ponse en marcha o 1º Concurso de Fotografía Cangas en Negro que terá dúas categorías, unha para comercios, restauración...; e outra para persoas particulares. A temática principal é o rexeitamento das violencias de xénero empregando a cor negra como nexo de unión. Pódese utilizar calquera material (roupa, obxecto ou utensilio) que as persoas desexen. O único condicionante é o uso do negro como cor predominante. Os lemas ou simboloxías teñen que estar relacionadas co rexeitamento das violencias de xénero.

A participación é a través de Facebook e a forma de levala a cabo será mediante unha publicación dunha fotografía pública, incluíndo no comentario da foto ao Concello de Cangas (@ConcellodeCangas), empregando o hashtag #cangasennegro e sendo seguidora da páxina municipal nesta rede social. Os premios son tres entradas dobres por cada categoría para o auditorio e poderanse canxear na taquilla nos tres meses seguintes ao faio do xurado.

As persoas e establecementos que participen na campaña Cangas en Negro 2017 poden recoller o material dispoñible a partir do mércores 15 na Casa da Xuventude. Ademais, lembramos que o 25 de novembro o Consello de Igualdade convoca unha manifestación baixo o lema “Cangas contra as violencias machistas”. A saída realizarase ás 12:00 horas desde a Praza do Concello.

Todas as persoas que desexen consultar dúbidas ou suxestións pódense dirixir ao correo ennegro@cangas.gal.