Ir o contido principal

Exposición do Libro ELAS de Aurora Marco

FacebookTwitterShare
Exposición do Libro ELAS de Aurora Marco

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade informamos que este xoves 27 de abril remata o prazo para poder visitar a exposición Elas, inaugurada o pasado 6 de abril na Casa da Cultura de Cangas.

O libro "ELAS" (A Xanela Editorial) é unha compilación de biografías, seleccionadas ad hoc, que permite ter unha visión do papel determinante que tiveron na sociedade do seu tempo as mulleres galegas. Todas as mulleres que nos presenta neste libro
ilustrado plasman a realidade de distintas formas, que desde unha posición relativamente visible achegan a reivindicación dos espazos femininos. A obra
complétase con dezaseis serigrafías, debidamente numeradas e asinadas por cada
unha das artistas.

A exposición que acompaña a obra está composta por 38 cadros de 8 pintoras galegas: Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

Estas pinturas forman parte dos contidos do libro. Con estas obras as pinturas nos dan a súa visión, a través da plástica, da vida e obra das mulleres galegas.

Lugar: sala de Exposicións Ángel Botello da Casa da Cultura de Cangas.

Esta mostra poderase visitar ata o 27 de abril nos seguintes horarios: de luns a venres, de 8:30 a 21:30h e Sábados, de 10:00 a 13:00h.