Ir o contido principal

Campaña concellos en negro 2017

FacebookTwitterShare
Campaña concellos en negro 2017

O Concello de Cangas vólvese sumar este ano á campaña denominada “Concellos en Negro”, que terá lugar durante a semana do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A finalidade é lograr que a nosa vila se tinga de negro en repulsa á violencia machista, expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres.

Por iso, a concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, creou un novo correo: ennegro@cangas.gal , para que todos os comercios, asociacións, colectivos ou persoas poidan participar na campaña. Para inscribirse nela só é necesario enviar os datos de contacto á dirección de correo electrónica xa citada. 

En xeral, trátase dunha iniciativa que tivo unha gran acollida na tempada pasada, foron máis de 120 comercios e entidades os que participaron dela. Neste ano, o cambio principal radica en que a convocatoria chega a todos os niveis. É dicir, que poden formar parte da mesma tanto individuos, coma colectivos ou comercios, entre outros. Ademais, nace a figura do portavoz. Os portavoces serán persoas que participen dunha forma máis activa dentro da campaña, formando parte dos grupos de traballo que se van crear.

Ante esta situación, convidamos a que todo o pobo de Cangas se implique e participe, colocando roupa ou decoración negra nos escaparates, fiestras ou balcóns durante a semana do 25 de novembro.