Ir o contido principal
Apertura do prazo de valoración da bonificación no recibo do lixo para as persoas en situación de emerxencia social.

BONIFICACIÓN NO RECIBO DO LIXO PARA AS PERSOAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL

FacebookTwitterShare
Emerxencia Social

O concello de Cangas a traves do Centro Municipal de Benestar Social apertura o prazo para que as persoas con dificultades económicas -en situación de emerxencia social- para aboar a taxa pola recollida de lixo de vivenda poidan solicitar a súa bonificación.

As solicitudes deberán ser recollidas e presentadas xunto coa documentación acreditativa da situación a valorar, no Centro Municipal de Benestar Social, na rúa Andalucía nº 3 baixo, entre o 3 e o 23 de outubro, no caso de resultaren estimadas, producirán efectos para o exercicio 2023.