Ir o contido principal

Bases do concurso de fotografía Cangas en Negro contra as violencias

FacebookTwitterShare
Bases do concurso de fotografía Cangas en Negro contra as violencias

As presentes bases rexerán o concurso de fotografía “Cangas en Negro contra as violencias” que terá lugar entre o 17 e o 26 de novembro, ambos incluídos, coincidindo coa duración da campaña.

O concurso realizarase en dúas categorías:
1. Fotografías de escaparates, fiestras ou interiores de establecementos comerciais, hostaleiros ou de restauración. Entrarán nesta categoría tamén asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que participen e estean adheridas á campaña Cangas en Negro. Poderán participar as persoas físicas propietarias ou titulares de ditas entidades.
2. Fotografías de tendedeiros, balcóns, fiestras, portas,... ou calquera espazo visible dende a vía pública. Poderán participar todas as persoas físicas.

Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 16 anos. A participación é a través de Facebook: hai que compartir unha fotografía pública e no comentario da foto débese nomear ao Concello de Cangas (@concellodecangas) e empregar o hashtag #cangasennegro.

Todas as fotos teñen que estar feitas no término municipal de Cangas.