"Que o Inverno non te Pare" . Concellería de Xuventude

Baixo o lema “QUE O INVERNO NON TE PARE” a Concellería de Xuventude do Concello de Cangas oferta diferentes actividades de tempo libre para a mocidade
PROGRAMA:
- FIN DE SEMANA BRANCO- 18 ó 20 de Marzo 2022 - Estación de esquí de Leitariegos (León). 50 participantes. Deben ter 18 anos ou menores acompañado/as
- 3dias/2 noites en réxime de pensión completa
- Material de esquí
- Forfait 2 días
- Curso de esquí (4 horas)
- Monitor acompañante 24 horas
- Autobús ida e volta
- Cota de participación 190 €
2.RUTAS DE KAIAK E ANIMACIÓN: 23 e 30 de abril
- Rutas de Kaiak pola ría de Aldán con diferentes actividades nas praias.
- 25 participantes por cada ruta. A partir de 12 anos
- Cota de participación 25 €
3. RUTAS DE ORIENTACIÓN : 7 e 14 de maio 2022
- Actividade de orientación na zona de Cabo Home, con probas especiais nas balizas, inclúese escalada. (unha das rutas en bicicleta) 25 participantes por cada ruta. A partir de 12 anos
- Cota de participación 25 €
- CURSO DE MONITORES DE TEMPO LIBRE: Marzo – abril 2022
- Formación presencial: 105 H e Formación on-line: 95 H
- Cota de participación 270 €
PARTICIPANTES :
Terán prioridade para solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as rapazas e rapaces empadroados en Cangas (comprobarase de oficio).
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN NA CASA DA XUVENTUDE
As solicitudes de inscrición xunto coa documentación correspondente enviaranse por correo electrónico a xuventude@cangas.gal ou de forma presencial.
A presentación da inscrición implica a aceptación das normas deste procedemento.
A actividade pode suspenderse no caso de que non se cubran as prazas necesarias, que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición.
Obrigatorio Certificado Covid ou ben PCR negativa o realizada nas 48 horas anteriores ou ben certificado oficial de test de antíxenos feito nas 12 horas previas.
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ O DÍA 1 DE MARZO
+ INFO 986392171
- Log in to post comments