OS NOSOS LUGARES
PROXECTO LUZAZUL presenta:

O 14 de xuño ás 21.00 LUZAZUL presenta o espectáculo “OS NOSOS LUGARES” no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas.
A función é o resultado final do proxecto LUZAZUL, promovido polo Concello de Cangas, no que un grupo de persoas con diversidade funcional investigaron dende a expresión, e utilizando o teatro como ferramenta, en torno aos lugares nos que lles gustaría estar.
No camiño atopan límites, diferenzas, decisións que tomar e tamén a outras persoas viaxeiras...
A entrada é de balde.
Estades todas e todos convidadas/os a participar como público activo!!!
- Log in to post comments