Oficina Municipal de Voluntariado
Nova recollida de axuda humanitaria para Ucraína

Tras un breve parón na recollida da axuda humanitaria para Ucraína, provocado pola necesidade de reorganizar as canles de chegada, clasificación e reparto desta nas zonas sensibles, volveremos a facer un envío en colaboración coa Asociación San Roque de Salvaterra.
Pedimos un novo esforzo as persoas que queiran colaborar achegando ata a Casa da Xuventude algún dos seguintes produtos que nos solicitan dende orixe:
- Chocolate
- Barras enerxéticas
- Leite condensada
- Latas de comida preparada- fabada, lentellas, etc
- Arroz e pasta
- Leite en po
- Cereais de almorzo
Período de recollida:
Do 26 ao 29 de abril de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
Punto de recollida:
Casa da Xuventude de Cangas- Rúa Real 29
- Log in to post comments