Ir o contido principal

Nota informativa: Escolas Infantís do Hío e da Choupana

FacebookTwitterShare
niños

NOTA INFORMATIVA

 

 

Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as Escolas Infantís do Hío e a Choupana permanecerán pechadas durante o mes de agosto.

 

As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede electrónica no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/portada?langId=es_ES ou no Rexistro do Concello de Cangas en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

 

O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2020 (artigo 20.3 RRI).

 

Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.