XIII Xuntanza Ecuestre pola Costa
XIII Xuntanza Ecuestre pola Costa
O vindeiro domingo 15 de marzo de 2026, a Asociación Ecuestre Cabaleiros do Morrazo organizará unha nova edición da XIII Xuntanza Ecuestre pola Costa, unha cita xa consolidada no calendario de actividades ecuestres da comarca.
A xornada comezará ás 10:00 horas coa saída dos xinetes e amazonas desde O Frendoal, en Liméns, no concello de Cangas. A ruta discorrerá por diferentes puntos da costa do municipio, pasando por Liméns, Temperáns, Nerga, Viñó, Punta Subrido, Costa de Soabela e Donón, para posteriormente regresar ao punto de partida arredor das 15:00 horas.
Esta actividade permitirá aos participantes gozar dun percorrido a cabalo por algúns dos espazos naturais máis destacados do litoral do Morrazo, respectando en todo momento as áreas protexidas e o entorno natural. En edicións anteriores, esta ruta chegou a reunir centos de xinetes e afeccionados chegados de distintos puntos de Galicia, converténdose nun encontro de referencia para os amantes do mundo ecuestre.
Ao remate da ruta celebrarase un xantar de confraternidade, servido mediante catering, que terá lugar no propio campo do Frendoal de Liméns, onde se instalará unha pequena carpa para acoller aos participantes.
Desde o Concello anímase ás persoas afeccionadas á hípica e ao público en xeral a achegarse a esta xornada que combina deporte, natureza e convivencia, nun entorno privilexiado da costa de Cangas.
- Log in to post comments



