Ir o contido principal

Parque Forestal de Varalonga

FacebookTwitterShare
Visita do Concelleiro de Medio Ambiente, Hugo Fandiño, e da arquitecta municipal

Xa comezaron as obras de mellora do Monte de Varalonga impulsadas pola Concellaría de Medio Ambiente. A remodelación deste monte forma parte das subvencións da Deputación Pontevedra destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais.

O obxectivo deste proxecto é mellorar o estado que presentaba Varalonga e evitar a contaminación, as pragas ou posibles lumes. Deste xeito, vanse levar a cabo accións para promover a posta en valor do monte satisfacendo necesidades ecolóxicas, económicas, sociais e culturais da área.