Ir o contido principal

Conclúe a segunda etapa para a recuperación do parque de Varalonga

FacebookTwitterShare
monte varalonga

A Concellería de medio ambiente do Concello de Cangas realizou a segunda etapa para recuperar o espazo do vello vertedeiro municipal, o parque forestal de Varalonga, na parroquia de Darbo, con financiación da Deputación de Pontevedra dentro do Programa de Subvencións destinadas á mellora dos montes.

O proxecto, de 71,75 hectáreas ten un presuposto de 184.446 euros, co obxectivo de satisfacer as necesidades de esparcemento, xogo, relación e ocio dos vecinos, ademáis de mellorar a problemática dos incendios forestais.

monte varalonga