APERTURA DO CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIA DA AVENIDA DE GALICIA.
Despois dun parón para acometer obras de mellora e ampliación do Centro de Compostaxe comunitaria situado na Avd. de Galicia, este volve a estar operativo dende o próximo venres 9 de abril. A ampliación foi posible grazas a subvención concedida a Mancomunidade de Concellos do Morrazo pola Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Ademáis de ampliar a capacidade do composteiro debido o alta participación da veciñanza fixéronse obras de mellora na súa base e colocouse un caixón de estructurante co fin de evitar que este se molle e se manteña nas condicións óptimas para o seu uso.
- Log in to post comments



