Ir o contido principal

XVI Programa Deportivo Escolar 2019/20

FacebookTwitterShare
XVI Programa Deportivo Escolar 2019/20

O pasado luns, día 30 de setembro arrancou unha nova edición do PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR, que abarcará dende o 30 de setembro ata o 31 de maio de 2020. A actividade desenrolarase nos diferentes centros escolares da vila e nas instalacións deportivas dos propios clubs. En total inscribíronse 870 nenos/as que representan o 40% da Comunidade Escolar de Educación Infantil e Primaria no Concello de Cangas.

AÍNDA EXISTE A POSIBILIDADE DE ANOTAR OS NENOS/AS NAS ACTIVIDADES QUE TEÑAN PRAZA LIBRE

POR ACTIVIDADE:
- ATLETISMO 28
- TENIS 68
- BALONCESTO 49
- TENIS MESA 10
- CICLISMO 11
- VOLEIBOL 24
- PATINAXE 255
- WINDSURF 7
- PIRAGÜISMO 17
- XADREZ 33
- PSICOMOTRICIDADE 10
- XIMNASIA (acrobática) 185
- TAEKWONDO 173

POR COLEXIOS
- A RÚA 107
- HÍO 63
- CASA DA VIRXE 24
- NAZARET 206
- CASTRILLÓN 93
- SAGRADA FAMILIA 48
- COMPAÑÍA MARÍA 61
- SAN ROQUE 124
- EDUARDO PONDAL 51
- ESPIÑEIRA 85
- outros 8

POR IDADE
- 2016: 4
- 2011: 138
- 2015: 66
- 2010: 110
- 2014: 109
- 2009: 85
- 2013: 132
- 2008: 77
- 2012: 140
- outros: 9

O Programa Deportivo Escolar, é un dos principais referentes municipais na organización e programación de actividades para os nenos/as de Cangas. Trátase dun conglomerado de actividades deportivas extraescolares que se ofertan dende a Concellaría de Deportes, para os nenos/as de educación infantil e primaria, dos 10 centros educativos do Concello de Cangas.

As actividades son impartidas polos monitores responsables dos propios clubs deportivos do municipio, xa que o obxetivo principal deste programa é dar a coñecer a actividade nos colexios, e si lles gusta que o seu tránsito a un club sea máis sinxelo. A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas da Concellaría, e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades. Dende a Concellaría de Deportes agradecer a enorme colaboración das ANPAS, CENTROS ESCOLARES e CLUBS do municipio, sen a cal sería moi compricado levar a cabo este Programa Deportivo Escolar.