Visita a Base da Brigada Forestal Helitransportada de O Campiño
O grupo de alumnos-traballadores da especialidade de “ Operacións de Vixilancia e Extinción de Incendios” do Obradoiro dual de Emprego “Granxa dá Rúa X”, realizaron este luns pasado unha visita formativa.
Primeiro visitaron a Sede do XIX Distrito contra incendios situada na parroquia de Salcedo en Pontevedra, onde puideron coñecer ao persoal encargado dos diversos servizos así como aos axentes forestais da base. Foron recibidos polo xefe do Distrito Forestal XIX, Pedro López, e polo axente forestal, Antonio Membrives, que xunto co resto de persoal que traballa nas instalacións, mostráronlles a sala de control informatizada para o control dos lumes dende onde se coordinan os traballos de extinción cos demais distritos e coas sedes provincial e autonómica, ademais ademais viviron en primeira persoa como se actúa ante o aviso dun posible lume, xa que durante a súa visita activouse o protocolo por aviso dun incendio na provincia de pontevedra. O alumnado acompañado polo docente D. Olmo Amoedo Amoedo, e o Titor do Obradoiro, Jose María Garcia Velázquez, puideron realizar todo tipo de preguntas e coñecer de primeira man a última tecnoloxía aplicada á vixilancia e extinción de incendios forestais.
Despois visitaron ás instalacións da Base da Brigada Forestal Helitransportada de O Campiño, en Pontevedra, onde foron recibidos polo Xefe de extinción da base, así como polo persoal da mesma. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a actividade da base, interactuar co seu persoal e recibir información da necesidade do mantemento dos montes e das medidas preventivas para evitar os lumes.
O xefe de extinción da base explicoulles as características dos recursos e materiais que empregan nos seus protocolos de actuación, ensinando os simulacros de embarque e desembarque e as manobras de despregamento das bolsas de auga dende os helicópteros. Así mesmo puideron ver un vídeo do traballo do persoal en acción abordando unha situación real de incendio forestal, e a función dos helicópteros
Rematou a visita ás instalacións do Distrito en Salcedo, co compromiso por parte dos responsables de contar co alumnado-traballador do Concello de Cangas, para acudir e colaborar con eles ante calquera emerxencia, así como para realizar labores de vixilancia e prevención que dende o Distrito Forestal poidan requirir. Esta colaboración permitiría complementar moito o desenvolvemento dos contidos prácticos da especialidade de “Operacións de Vixilancia e Extinción de Incendios” do Obradoiro que se está a impartir.
Destacar que este certificado de profesionalidade posto en marcha polo Concello de Cangas, é pioneiro na súa solicitude, pois é o único certificado sobre “Vixilancia e Extinción de Incendios” que se imparte en toda Galicia. Para a posta en marcha do Obradoiro Dual de Emprego Granxa da Rúa XI, o Concello de Cangas recibe unha subvención de preto de 349.946€ para formar a 20 persoas desempregadas no ámbito forestal, actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, repoboacións forestais, e operacións de vixilancia e extinción de incendios e apoio a continxencias no medio natural e rural.
- Log in to post comments