Ir o contido principal

REMATA O PRAZO PARA PREINSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE EMPREGO FORESTAL QUE PORA EN MARCHA O CONCELLO DE CANGAS

FacebookTwitterShare
Obradoiro

REMATA O PRAZO PARA PREINSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE EMPREGO FORESTAL QUE PORA EN MARCHA O CONCELLO DE CANGAS

En breve rematará o prazo para que as persoas desempregadas que estean interesadas es participar como alumnas traballadoras no OBRADOIRO DE EMPREGO GRANXA DA RÚA XI soliciten canto antes a súa preinscrición na Oficina de Emprego de Cangas, xa que a sondaxe de candidatos/as preseleccionados/as vaise realizar na vindeira semana. Con estas persoas que resulten preseleccionadas o Concello de Cangas realizará posteriormente o proceso selectivo para a cobertura das diferentes prazas. Así mesmo, neste días a Oficina de Emprego de Cangas realizará tamén a sondaxe e preselección do persoal docente e de coordinación que vai contratar o Concello para desenvolver o proxecto, formado por un total de 4 traballadores/as (dous docentes, un titor/a e un director/a).

Este proxecto mixto de Formación e  Emprego, promovido e organizado polo Concello de Cangas, porase en marcha en virtude da subvención que lle concedeu ao Concello a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que permitirá contratar durante 12 meses a un total de 20 persoas alumnas traballadoras (10 por especialidade) e a 4 persoas do equipo docente e de coordinación

Durante o ano de duración, o alumnado participante recibira a formación teórico e práctica prevista nos dous certificados de profesionalidade que se van impartir en cada unha das especialidades, alternándoa ademais co desenvolvemento de traballos reais en diferentes espazos forestais das tres Comunidades de Montes de Cangas.

Vanse impartir dúas especialidades do ámbito Forestal, compostas dos certificados de profesionalidade seguintes (un dos certificados común a ambas especialidades):

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes  e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, na que participarán 10 alumnos/as traballadores/as.

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes  e Operacións  de  vixilancia  e  extinción  de  incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, na que participarán 10 alumnos/as traballadores/as.

 

Para ampliar información ou aclarar dúbidas, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Casa de Oficios do Concello, no correo casadeoficios@cangas.gal, facilitando un teléfono ao que poder chamarlles.