Ir o contido principal
O Concello de Cangas ten concedida a subvención para a contratación de 26 persoas dentro do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra

CONTRATACIÓN DE 26 PERSOAS DENTRO DO PLAN CONCELLOS

FacebookTwitterShare
Plan Concellos

O concello de Cangas en base as liñas de actuación recollidas dentro do Plan Concellos aprobado pola Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento das necesidades municipais en infraestruturas, emprego e servizos acordou a solicitude da subvención para a contratación de 26 persoas relacionadas coas ocupacións seguintes:

- Un/Unha (1) Aux. Administrativo/a: código 43091029

- Dous/Dúas (2) Condutores/as camión con permiso de conducir  C: código 84321042

- Dous/Dúas (2) Técnicos/as de protección civil: código 59991036

- Un/Unha (1) Operario de Servizos Múltiples (mantedor/a de edificios): código 71911012

- Dous/dúas (2) Oficial albanel: código 71211015

- Dous/dúas (2) Peóns xardineiro/a: código 61201028

- Nove (9) Peóns Agrícolas: código 61101124

- Sete (7) Peóns varredores: código 94431016

 

Esta contratación, xa aprobada por Acordo da Deputación Provincial de Pontevedra, realizarase por un período máximo de 6 meses, a xornada completa.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

 

CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, EMPREGO, MAR E RURAL