Ir o contido principal

ACCIÓNS FORMATIVAS DA REDE EUSUMO SOBRE COOPERATIVISMO

FacebookTwitterShare
EUSUMO

O CONCELLO DE CANGAS PORÁ EN MARCHA DÚAS ACCIÓNS FORMATIVAS DA REDE EUSUMO SOBRE COOPERATIVISMO

 

DESTINATARIOS/AS: PERSOAS INTERESADAS EN INFORMARSE E FORMARSE SOBRE  COOPERATIVISMO

DATAS PREVISTAS:  PRIMEIRA QUINCENA DE OUTUBRO

HORARIO: MAÑÁ OU TARDE, SEGUNDO PERFIL DO ALUMNADO

CURSOS GRATUÍTOS

INSCRICIÓNS E LUGAR DE IMPARTICIÓN: CASA DE OFICIOS DO CONCELLO (986304650).

As persoas interesadas poden enviar un correo a casadeoficios@cangas.gal indicando:

- Nome e apelidos

- Teléfono de contacto

- Preferencia en horario de mañá ou de tarde (5 horas ao día)

- Vinculación que teñen co cooperativismo e/ou interese que teñen polo curso

DÚAS ACCIÓNS FORMATIVAS PROGRAMADAS (PODENSE SOLICITAR AS DÚAS XA QUE AS DATAS NON VAN COINCIDIR):

ECONOMÍA SOCIAL E EMPRENDEMENTO: AS COOPERATIVAS  (15 HORAS)

  • Contexto histórico e definición da Economía Social.
  • Fundamentos do emprendemento social.
  • Comparativa do emprendemento social co emprendemento tradicional.
  • Tipoloxía do emprendedor social.
  • La organización social.
  • A figura xurídica e organizativa das cooperativas de traballo asociado
  • Análise de casos prácticos.

 

 COMO CREAR E XESTIONAR UNHA COOPERATIVA (25 HORAS)

  • Definición, valores e principios da Economía Social.
  • As cooperativas como fórmula para crear o teu posto de traballo
  • Tipoloxía e clases de cooperativas.
  • O marco legal estatal e autonómico
  • Tipoloxía das persoas socias.
  • Dereitos e obrigas
  • Trámites para constituír una cooperativa
  • Organización e xestión dunha cooperativa
  • Capital social e fondo de reserva
  • Análise de casos prácticos