Ir o contido principal

ABERTA INSCRIPCIÓN Á XORNADA INFORMATIVA E DE ORIENTACIÓN SOBRE O SECTOR DO MAR

FacebookTwitterShare
Relevo xeracional

O Concello de Cangas acollerá o martes 14 de xuño ás 12 horas, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, en colaboración co GALP Ría de Vigo – A Guarda, unha xornada informativa e de orientación sobre o sector do mar.

 

Se trata dunha sesión informativa para persoas desempregadas maiores de 18 anos, procedentes dos concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Garda, co obxectivo de procurar unha visión sobre as oportunidades de traballo que ofrece o sector do mar, de xeito dinámico e participativo, coa seguinte estrutura:

 

  • Oportunidades do sector
  • Oficios do mar (pesca, marisqueo e acuicultura)
  • Titulacións, centros de formación e saídas profesionais
  • Recursos para a busca de emprego

 

A duración estimada da xornada será de entre 1 hora e 30 minutos e dúas horas,  e as prazas son limitadas.

 

As persoas interesadas en acudir a esta actividade, de carácter gratuíto, deberán inscribirse antes do día 31 de maio, facilitando os seus datos persoais (nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, correo electrónico e lugar de residencia) a través  de correo electrónico (orientacionlaboral@cangas.gal) ou ben a través dos seguintes teléfonos 986 301 371 ou 986 30 46 50.