Actividade voluntaria medioambiental
Día dos Océanos
A Concellería de Medio Ambiente e Voluntariado colabora coa actividade "Día do Océano" organizada e coordinada pola asociación Spirit23.
Esta actividade busca a sensibilización sobre a importancia de manter o equilibrio do noso ecosistema mariño e consistirá na recollida de refugallos e plásticos do areal de Liméns, combinado con outras accións como charlas ou Ioga.
Pode participar toda persoa que queira colaborar na concienciación medioambiental e aportar o seu grao de area no coidado dos océanos.
- Log in to post comments



