XXI Aberto Concello de Cangas de Tenis

Este martes, día 14 de agosto, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XXI ABERTO CONCELLO DE CANGAS DE TENIS.
O acto acudiron Fernando Quinteiro (Concelleiro de Deportes de Cangas) e Carlos González (Presidente Club Tenis Cangas)
A competición, que terá lugar do 16 o 25 de agosto no Complexo Deportivo do CEIP. San Roque, trascorrerá en horario de 16,00/22,00 h (sem) - 10,00/22,00 h (f. sem), e nel participarán preto de 60 tenistas.
No evento competirán deportistas en categoría ABOSLUTA MASCULINA e FEMININA, achegados dende diferentes puntos da xeografía española.
A competición está organizada polo CLUB TENIS CANGAS, supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS e conta co patrocinio da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS
- Log in to post comments