XV Trofeo Concello de Cangas de Tenis de Mesa

Este martes, día 13 de agosto, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XV TROFEO CONCELLO DE CANGAS DE TENIS DE MESA.
O acto acudiron Fernando Quinteiro López (Concelleiro de Deportes), Ángel Fernández (Presidente do Club Cinania T.M.) e Maria Pena / Laura Rodriguez (Xogadoras do Club Cinania T.M.).
A competición, que terá lugar os días 17-18 de agosto no Pavillón Municipal de Romarigo, trascorrerá en horario de 10,00/14,00 - 16,00/20,00 h, e nel participarán preto de 200 palistas.
No evento competirán deportistas en categoría BENXAMIN (mixto), ALEVIN (mas + fem), INFANTIL (mas), XUVENIL (mas), XUV-SUB23-SENIOR (fem), SUB23-SENIOR (mas), VETERÁNS (+40, +50, +60), ABSOLUTO (mixto) e NON FEDERADOS, achegados dende diferentes puntos da xeografía galega e portuguesa.
A competición está organizada polo CLUB CINANIA T.M., supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS DE MESA e conta co patrocinio da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS
- Log in to post comments