Ir o contido principal

Parabéns Rodrigo Germade!

FacebookTwitterShare
parabens rodrigo germade

Alégranos moitísimo volver a repetir estas palabras: Parabéns Rodrigo Germade!! 👏👏

Dende a Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, gustaríanos expresarlle os máis sinceros parabéns ao piragüista cangués RODRIGO GERMADE, pola consecución das MEDALLAS DE OURO 🥇(K2-500 m / K4-500 m) na Copa do Mundo de Piragüismo, que se celebrou nestas datas na cidade húngara de Szeged.

Non queda máis que seguir desexandolle un futuro cheo de alegrías coma esta e moitas máis para seguir celebrando✨

O CONCELLEIRO DE DEPORTES

EUGENIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

parabens rodrigo