XXIV EDICIÓN BIENAL INTERNACIONAL ARTE NO MORRAZO
O Concello de Cangas e Frigoríficos del Morrazo convocan a XXIV EDICIÓN BIENAL INTERNACIONAL ARTE NO MORRAZO, co fin de fomentar as Belas Artes e estimular a creatividade, diversificándose cun Premio-Beca, en colaboración coa Facultade de BBAA de Pontevedra-Universidade de Vigo, segundo as seguintes BASES:
1 Poderán concorrer á BIENAL ARTE NO MORRAZO (B•AM 2022), tódolos/as artistas que o soliciten, nacionais ou estranxeiros/as.
2 Cada artista poderá presentar UNHA ÚNICA OBRA, nas modalidades de pintura ou escultura.3
As obras en pintura terán nunha das súas dimensións, oitenta centímetros como mínimo e douscentos centímetros como máximo, e serán presentadas enmarcadas con listóns, preparadas para o seu pendurado e identificadas no seu reverso. O tema e técnicas serán libres. As obras en escultura non serán inferiores a setenta e cinco centímetros en calquera das súas dimensións, nin exceder dos douscentos centímetros, sendo o seu peso máximo de 75 quilos. O tema e técnica serán libres.
4 Tódalas obras presentadas estarán debidamente asinadas, serán únicas e orixinais.En ningún caso as obras poderán ter participado en anteriores edicións deste certame.
5 Os/as interesados/as en participar na XXIV B•AM, deberán enviar en formato dixital ao enderezo electrónico, auditorio@cangas.gal a seguinte documentación:
- Solicitude de participación debidamente cumprimentada e asinada, según o modelo que recollen estas bases. Deberán aparecer os datos de autoría e a ficha técnica da obra a concurso.
- Currículum vitae
- Fotografía da obra coa que concursa, con resolución suficiente para a súa publicación en catálogo, no caso de ser seleccionada.
- Cinco fotografías doutras obras da súa autoría.
6 O prazo de presentación será do 1 de febreiro até o 12 de abril de 2022.
7 Un Xurado presidido polo Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, nunha primeira fase seleccionará entre as solicitudes presentadas, as obras que vaian formar parte da XXIV B•AM, mostra que terá lugar na SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS do 10 de xuño até o 15 de xullo de 2022. Os/ as autores/as das obras seleccionadas serán debidamente notificados/as con suficiente anterioridade para que antes do día 6 de maio de 2022 depositen a obra no Auditorio. De entre as obras seleccionadas, nunha segunda fase elixiranse as catro premiadas, que pasarán a formar parte dos fondos de arte dos copatrocinadores -Concello de Cangas e Frigoríficos del Morrazo-. Os premios daranse a coñecer no acto de clausura.
8 O Concello de Cangas e Frigoríficos del Morrazo dotan á XXIV B•AM coa cantidade de DOCE MIL EUROS (12.000€) en calidade de premio-adquisición.
Haberá 4 PEZAS PREMIADAS das cales TRES están dotadas con 3.000€ de premio cada unha; a cuarta distinción coa mesma dotación económica, corresponde a unha Beca de Estudos de Posgrao en Formación Artística. Esta disposición manteráse de non quedaren desertos os correspondentes premios. A organización correrá cos gastos derivados no desenvolvemento do certame (cartelería, edición e publicación do catálogo, etc.)
9 As obras seleccionadas para formar parte da XXIV B•AM, deberán ser retiradas a partires do 16 de xullo até o 23 de setembro de 2022. De non seren retiradas no devandito prazo, o/a artista renuncia á propiedade da obra e esta pasa a formar parte dos fondos de arte do Concello de Cangas.
10 Dentro da B•AM, a partires da súa XX Edición Concello de Cangas – Frigoríficos del Morrazo, diversifícanse os premios cunha nova modalidade consistente nun PREMIO-BECA de estudos na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. É obxectivo, ampliar a convocatoria de apoio á creación a través dun impulso e estímulo
á formación artística. Preferentemente, sen que sexa excluínte, orientado a nados/ as ou residentes nos concellos do Morrazo e que opten a cursar estudos de posgrado (máster) en formación artística, no seu defecto teranse en conta estudos de grao en Belas Artes. Unha parte da dotación da beca irá destinada a sufragar os gastos de matrícula dos estudos. A contía destinada será a mesma que a que corresponda aos outros tres premios (3.000€). Poderán concorrer a esta modalidade tódalas persoas que se presenten ao certame especificando o seu interese en facelo. Os/as concursantes que opten polo premio-beca deberán facelo constar e axuntar á obra, a seguinte documentación: Fotocopia DNI, currículum vitae extractando o expediente académico dos estudos cursados de grao ou licenciatura e un escrito de motivación expoñendo o interese en ampliar os seus estudos.
11 Os gastos de embalaxe e transporte das obras, ida e volta, correrán por conta do/a artista, quen as poderá enviar por calquera medio de transporte ou persoándose para depositalas no Auditorio de Cangas. Tódalas obras deberán estar embaladas. O Auditorio de Cangas non se responsabilizará do seu deterioro por unha embalaxe ou transporte non adecuado. Deberán estar protexidas para a seguridade na súa manipulación.
No caso de que na desembalaxe se detecte algún desperfecto non se considerará responsabilidade da organización. O persoal do Auditorio de Cangas poñerá o máximo celo no coidado das obras recibidas. En ningún caso se aceptarán obras en mal estado. Os/as artistas deberán achegar todos os elementos necesarios para a correcta instalación e exposición das obras. No caso de que algún elemento non sexa proporcionado polo artista, este deberá facilitar opcións ou adaptarse aos elementos que a organización estea en condicións de ofrecer.
DISPOSICIÓN FINAL Os/as participantes na XXIV B•AM aceptarán integramente as presentes bases.
Cangas, xaneiro de 2022
A Alcaldesa de Cangas
Maria Victoria Portas Mariño
- Log in to post comments