Ir o contido principal
Confección de Beléns artesanais en dimensións reducidas

XXI CERTAME DE BELÉNS CONCELLO DE CANGAS

FacebookTwitterShare
Certame de Belens

Bases do Certame

PRIMEIRA.- Poderán concorrer a este concurso todas as persoas e os colectivos (escolares, culturais e sociais) de Cangas que o desexen.

SEGUNDA.- A inscrición deberá realizarse no formulario que poderase recoller na Casa da Xuventude ata o 15 de decembro de 2021.

TERCEIRA.- Os Beléns depositaranse na localización que lles asigne a organización os días 20 e  21 de decembro, para ser expostos ao público entre o 23 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022. A retirada dos beléns deberá realizarse necesariamente o 7 de xaneiro.

CUARTA.- O conxunto artístico do Belén deberá estar montado sobre un taboleiro de madeira ou superficie ríxida dun metro por cada lado (como máximo)

QUINTA.- Os materiais e elementos que se utilicen para a confección do Belén serán libres.

SEXTA.- Concederanse os seguintes premios:

1º premio: Diploma e vale de compra por importe de 100 Euros.

2º premio: Diploma e vale de compra por importe de 70 Euros.

3º premio: Diploma e vale de compra por importe de 40 Euros.

SÉTIMA.- O xurado estará composto polos membros seguintes:

- A Alcaldesa , ou persoa en quen delegue, que presidirá o xurado.

- A Concelleira de Cultura ,ou persoa en quen delegue.

- Os/as seguintes técnicos/as municipais:

- A técnica da área de Mocidade.

- A técnica da área de Voluntariado.

- O técnico da área de Cultura.

Actuará de secretario/a un/ha traballador/a  municipal con voz e sen voto e que levantará acta dos acordos.

OITAVA.- O xurado valorará especialmente a confección das figuras presentadas, composición do conxunto, orixinalidade, unidade de estilo, grao de dificultade e execución. O xurado resérvase o dereito a rexeitar aqueles traballos que, ao seu xuízo, non acaden un mínimo de calidade artística, ou non teñan as dimensións establecidas.

O xurado poderá declarar deserto algúns ou todos os premios e poderá outorgar accésits se o considera oportuno.

NOVENA.- O fallo do xurado , que é inapelable, darase a coñecer o día 4 de xaneiro 2022, a través dos medios de comunicación e do taboleiro de anuncios do Concello de Cangas.

DÉCIMA- O xurado do certame terá competencias para resolver as dúbidas ou calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.

UNDÉCIMA.- A participación neste certame supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.