Ir o contido principal

Sinatura co Museo do Pobo Galego para a dixitalización de Fondos de Memoria Histórica

FacebookTwitterShare
Sinatura co Museo do Pobo Galego

Hoxe venres 17 de xaneiro de 2020, asinouse un acordo co Museo do Pobo Galego para a dixitalización dos Fondos de Memoria Histórica da Biblioteca Municipal de Cangas. O obxectivo desde acordo é conservar de forma dixital diferentes arquivos (entrevistas, gravacións,...) que se atopan na Biblioteca e que doutro xeito se perderían.

Tras a dixitalización unha copia dos arquivos quedará almacenada no Museo do Pobo Galego e outra na Biblioteca Central de Cangas de forma dixital.