Ir o contido principal
Venres 14 de Agosto ás 22,30 h. no Recinto Naves de Ojea

CONCERTO CARMEN PENIM - CANTOS DE TERRA E SAL

FacebookTwitterShare
Carmen Penim

CARMEN PENIN

Cantos de terras e sal

 

Carmen fixo do eclecticismo a súa marca. Compositora fecunda e heterodoxa, síntese cómoda nos límites entre xéneros e presenta variadas influencias, dende a canción tradicional e o Jazz, pasando pola música culta, sacra e sefardí e as músicas do mundo, que a acompañan dende unha nenez na emigración nun contexto multicultural que ela xungue ás fortes raíces arraianas e do Morrazo, comarca na que leva afincada máis de 20 anos.

 

As súas cancións xiran en torno ás súas paixóns: poesía, muller, a natureza e a cultura galegas… Xa alá  van catro CD dedicados a musicar poemas actuáis e clásicos en galego, castelán e portugués, dende que no ano 2011 editara en Italia o primeiro disco co dúo  2naFronteira xunto ó seu pianista e compañeiro Maurizio Polsinelli. O libro-CD Herdeiras (2017) foí o seu primeiro traballo en solitario ata este Cantos de terra e sal co que homenaxea a maís profunda tradición galega.

 

Aínda que a memoria musical dos antigos romances escoitados na nenez na aldea aparece xa nos primeiros CD, atopa agora un protagonismo especial neste traballo CANTOS DE TERRA E SAL, no que realiza versións persoais deses antigos cantares, asi como dalgunhas cancións das máis coñecidas da súa terra.