A Oficina de Voluntariado coordinará a axuda humanitaria dende Cangas
Cangas co pobo ucraniano

Dende o Concello de Cangas queremos transmitir á cidadanía o rexeitamento e repulsa, sen reservas, pola invasión de Ucrania a mans do exército ruso.
Repudiamos estas accións e comportamentos bélicos que se veñen cometendo sobre a poboación civil de Ucrania, que se ven inmersos nunha guerra sinsentido que está a acabar con moitas vidas inocentes.
Miles de familias con crianzas e maiores, vense forzados a emprender unha fuxida precipitada a un destino incerto, nunhas condicións extremadamente adversas.
Condenamos enerxicamente esta guerra e pedimos que se pare de inmediato a invasión militar e as accións bélicas.
Paz e liberdade!
- Log in to post comments