Ir o contido principal

XIV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

FacebookTwitterShare
cartaz

Como cada ano, chegou o concurso de postais de Nadal. Anímate porque este ano a gañadora pode ser a túa!

 

Bases:

 

  • Destinatarios/as: Establecerase unha única categoría para nen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos.
  • Postais: Versarán sobre o Nadal, e farase alusión á biblioteca e ao mundo da lectura. Todas as postais deben ir identificadas na súa parte traseira cos datos persoais do participante (nome, apelidos, dirección, idade e teléfono).
  • Formato e materiais: O formato a presentar será en cartoliña A4 de cor ou branca.
  • Presentación dos traballos: Cada participante poderá entregar unha única postal.
  • Entrega das postais: O prazo de entrega establécese do  1 de decembro  ao 22 de decembro do 2020.
  • Exposición: As postais estarán expostas na Biblioteca dende a súa presentación  ata o día de entrega de premios.
  • Premios: Haberá unha postal gañadora en cada Biblioteca. Cada gañador recibirá un lote de libros. As persoas gañadoras daranse a coñecer o 12 de xaneiro do 2021. De entre as cinco postais  gañadoras, seleccionarase unha, e ésta será a imaxe do cartel que anuncie a  seguinte edición do concurso.
  • Propiedade: O Concello de Cangas resérvase a posibilidade de publicar as obras presentadas a concurso no momento que considere convinte. Neste sentido o autor  ou a autora renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autoría, e o exemplar que entregue da súa obra quedará en propiedade do Iltmo. Concello de Cangas.
  •  A participación no concurso implica a plena aceptación das bases.
  •  A organización resérvase o dereito a cancelar o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigado a comunicarllo previamente aos participantes.
  •  Máis información: Para calquera dúbida póñase en contacto co bibliotecari@ ou en www.bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.comcartaz