U-LA LÚA?

Proposta escénica de "A Xanela do Maxín" baseada no conto de Lúa e dirixida ao público familiar.
Lúa é unha gata que vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Illada do mundo, sen ver máis alá dos muros que rodean o xardín, un día deulle por subir a ese muro. O que viu dende alí deixouna apampada. A tan só unha carreiriña había un parque! Cos seus bambáns e un tobogán enorme. Chegaría nun intre. Era doado… ou iso semellaba.
En U-la Lúa? cobran importancia valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade. Un mundo onde a violencia non ten cabida, e onde ilusión fai dos soños unha realidade.
- Log in to post comments