BIBLIOTECA DE COIRO. 10 de maio ás 18:00 h.
COSER E CONTAR. Marta Ortiz

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa!
Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura.
O Cantar das costureiras
é cantar que nunca acaba.
Como teñen fío dabondo
botan coplas enfiadas.
Nenos e nenas maiores de 3 anos.
RECOMÉNDASE O USO DA MÁSCARA.
- Log in to post comments