Ir o contido principal

BANDO: Prohibición fogueiras de San Xoan nas praias

FacebookTwitterShare
sanxoan

-B A N D O-

XOSÉ M. PAZOS VARELA ALCALDE DO CONCELLO DE CANGAS

FAGO SABER:

Achégase a noite de San Xoán, e con ela o costume de prender as fogueiras e convivir arredor delas na noite do 23 para o 24 de xuño. Este ano, por mor da pandemia provocada polo virus coñecido como covid-19, vímonos obrigados a modificar moitos usos e costumes sociais en aras a preservar un ben común tan prezado como é a SAÚDE DA POBOACIÓN.

 

Pois precisamente por preservar esa saúde é polo que o Concello de Cangas se ve obrigado a PROHIBIR a queima de fogueiras e cacharelas nas praias do Municipio expresamente nesa noite de San Xoán (ademais do resto do ano), porque doutra maneira non se podería garantir o cumprimento das medidas sanitarias obrigatorias para tentar minimizar os efectos da pandemia.

 

Sabemos que estamos a falar da supresión dunha tradición arraigada na nosa cultura, pero tamén sabemos que estamos a vivir un ano atípico que nos obriga a tomar decisións ata agora innecesarias, pero fundamentais nestes momentos para facerlle fronte á situación sanitaria que nos tocou vivir.