As rutas de verán finalizan agosto co cartel de cheo

Dende a concellería de Turismo celebramos os datos estatísticos do ‘Verán en ruta” do mes de agosto. Un mes que sentencia cun éxito rotundo cun total de 9 rutas impartidas.
Rutas de fin de semana
No mes de agosto leváronse a cabo seis rutas en fin de semana; cun total de 210 asistentes e de 35 persoas por ruta.
Rutas nocturnas
Fixéronse tres rutas nocturnas con máis de 125 asistentes, 127 para sermos exactos e unha media de case 43 persoas por ruta.
Isto supón un total de 337 persoas que participaron nas rutas de Cangas no 1617, Intermareal, O Facho, Massó, Muíños de Coiro, Cabo Home, Senda costeira e Cangas e o mar.
Maite Villar, concelleira de Turismo destacou que estas rutas que se fan todo o ano fomentan un turismo desestacionalizado, histórico e cultural. ‘Cangas é moitísimo máis que sol e praia, e este tipo de actividades demostran que o interese pola nosa vila, a nosa paisaxe e a nosa historia interesan e moito’. E seguiu ‘a idea é continuar nesta liña, construíndo un turismo de calidade dende a base que sexa compatible coa vida cotiá da nosa vila e da nosa veciñanza’.
Rutas en setembro
Por outra banda, en setembro continuarase con diferentes rutas nesta mesma liña. Serán os días 13, 14, 15, 20, 21 e 27 ás 11h ou 21h dependendo da ruta e poderase realizar a inscrición previa na Oficina de Turismo de Cangas ou nos teléfonos 986 392 023 – 936300875 ou falando directamente con A illa dos Ratos: 611 080 853.
- Log in to post comments