Ir o contido principal

Rede de representantes electos e autoridades locais progresistas en Europa (REALPE)

FacebookTwitterShare
REALPE

Ánxela Vizoso Marcos, Concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local do Concello de Cangas, participará na vindeira semana no encontro da Rede de Representantes Electos e Autoridades Locais Progresistas en Europa (REALPE), encontro que se desenvolverá no Parlamento Europeo en Bruxelas.

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de febreiro de 2017 celebrarase no Parlamento Europeo en Bruxelas unha nova edición da Iniciativa REALPE, encontro organizado polo Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea / Esquerda Verde Nórdica (Grupo GUE/NGL), no que está integrada a eurodeputada galega Lidia Senra.

A Concelleira de Asemblea pola Unidade foi convidada polo grupo parlamentario, xunto con outros 29 cargos municipais galegos, para coñecer en directo o Parlamento Europeo, e participar nas xornadas, sendo unha grande oportunidade para o intercambio de opinións con cargos electos doutros lugares, abordar asuntos locais dende unha perspectiva europea, e coñecer outras experiencias e proxectos alternativos de políticas cidadás.

Este encontro financiado polo Parlamento Europeo, e co título “Emprego, dereitos sociais e solidariedade entre os municipalismos” inclúe dous relatorios, un sobre as Accións que os municipios poden poñer en marcha para o fomento do emprego, a industria e a defensa dos dereitos sociais, e outro sobre Cooperación entre concellos e boas prácticas para a recepción de refuxiados.

Para a temática “Accións dos municipios para o emprego, a industria e a defensa dos dereitos sociais”, os relatores serán os eurodeputados: Geert Asman, PTB, Concelleiro en Zelzate (Bélxica); Maximino García Suárez, IU, Concelleiro en Morcín (Asturias, Estado Español); Jean-Paul Lecoq, PCF, Alcalde de Gonfreville l’Orcher, Seine Maritime (Francia); Carlos Humberto Carvalho, PCP, Alcalde de Barreiro (Portugal);  Oihane Zabaleta, Concelleiro de Urretxu / Eneko Etxeberria, Alcalde de Azpeitia (Bildu - Euskal Herria). Debate moderado pola eurodeputada Martina Michels.

Para a temática “Recepción de refuxiados, e cooperación entre concellos de diferentes países de Europa” estarán os eurodeputados: Stavros Yerolatsites, AKEL, Concelleiro de Strovolos, membro do Comité das Rexións (Chipre);  Knut Mildner-Spindler, Concelleiro de Berlín, distrito de Friedrichshain-Kreuzberg, Director do departamento de servizos cidadáns de emprego, sanidade e asuntos sociais; Linda Fleetwood membro do parlamento rexional e do goberno rexional de Kalmar Län/ Yasmine Posio Nilsson, membro do parlamento local de Gothenburg, Left Party (Suecia); Elena Coccia, Rifondazione Comunista, membro do consello metropolitano de Nápoles (Italia); Katopodis Grigorios, Alcalde de Vironas (Grecia). Este debate estará moderado pola eurodeputada Lidia Senra.