Ir o contido principal

"QUERE O TEU MERCADO" CHEGA Á PRAZA DE ABASTOS DE CANGAS

FacebookTwitterShare
Quere o teu mercado

O Concello de Cangas, a través da Concellería de Promoción Económica, organiza a actividade infantil “Enche a túa cesta no mercado” con motivo da campaña internacional “Quere o teu mercado”, unha proposta pensada para dinamizar a Praza de Abastos, promover o consumo de produto fresco e poñer en valor o comercio local.

A actividade desenvolverase como un xogo no que os nenos e nenas deberán completar a súa cesta da compra recollendo selos ou adhesivos dos diferentes produtos situados en varios postos da praza. Ademais, haberá un espazo creativo no que poderán debuxar o posto que consideran que falta no mercado, coa posibilidade de obradoiros sorpresa e un sorteo final de material infantil.

A proposta está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos e ás súas familias. O acceso será libre e continuo, polo que non será necesaria inscrición previa.

Datos da actividade

Actividade: Enche a túa cesta no mercado.
Campaña: Quere ao teu mercado.
Data: Sábado, 30 de maio de 2026.
Horario: De 10.30 a 12.30 horas.
Lugar: Praza de Abastos de Cangas.
Público: Nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias.
Acceso: Libre e continuo, sen inscrición previa.

Unha oportunidade para achegarse ao mercado en familia, descubrir os produtos de proximidade e fomentar hábitos saudables desde a infancia.