Ir o contido principal

1 de decembro de 2022. Día Mundial da SIDA

FacebookTwitterShare
SIDA

Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida co obxectivo de apoiar ás persoas que viven co VIH e recordar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.

Cada ano, ONUSIDA elixe un lema, que este ano é Igualdade Xa, e nos convida a abordar as desigualdades que están freando o progreso para por fin á sida.  

O Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve unha campaña divulgativa en centros escolares de secundaria, bacharelato e formación profesional así como con outras entidades que traballan no eido do VIH/sida e outras ITS. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. Distribúense preservativos, carteis do Día Mundial da Sida, adhesivos co lazo vermello e folletos con información preventiva.​

O Concello de Cangas contará con stands con información sobre o tema e preservativos nas seguintes dependencias municipais: UAD, Casa da Xuventude e Benestar social.