Data de inicio:
Venres, 19 de febreiro ás 21horas
YLLANA Presenta: 666
VOLVE O CLÁSICO DE YLLANA!!!! Catro temibles convictos chegan ao corredor da morte para ser executados. A adaptación destes convictos á súa nova situación, a irritante convivencia entre eles, as súas relacións cos gardiáns e as desastrosas execucións ás que son sometidos desencadearán unha serie de escenas dantescas, incontrolables e disparatadas, convertendo O corredor da morte nun improvisado inferno. En 666 Yllana imprime unha dose máis elevada de humor negro, absurdo e mordaz ao seu habitual traballo cómico visual para mostrar, sen palabras, O lado máis escuro e sinistro do ser humano. Entra neste macabro mundo, onde non haberá salvación algunha para ninguén. Nin sequera para o espectador.
Autor: Yllana / Dirección: David Ottone / Escenografía: Juan F. Ramos, Jose M. Ramos, Manolo Molas / Son: Jose Armando Ruiz, Pelayo Gutiérrez / Iluminación: Juan Francisco Ramos / Vestiario: Teresa Rodrigo
Elenco artístico / formación: Fidel Fernández, Raúl Cano, Joe O´Curneen e Antonio de la Fuente
Clasificación: Non recomendada a menores de 13 anos. / Duración: 65 minutos. / Idioma: teatro xestual
Venda de localidades
Anticipada:
O día da función:
Despacho de billetes do Auditorio
2 horas antes do comezo do espectáculo
Prezos: Butaca 12€ Anfiteatro 10€


