Ir o contido principal

XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS

XXXVI MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Do 28 de xuño ao 6 de xullo.

 

Fundada no 1984 pola asociación cultural Xiria, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) é hoxe unha das máis importantes manifestacións galegas, estatais e internacionais de espectáculos vivos que teñen o humor por bandeira.

A MITCFC leva 36 anos transformando Cangas e o seu particular patrimonio arquitectónico nunha vila-teatro que exhibe espectáculos nos máis variados espazos posibles:  desde praias, xardíns e grandes espazos ata adros, capelas ou pequenas prazas nas que acoller a milleiros de espectadores de todas as idades e procedencias xeográficas, reforzando así a aposta desta Mostra de que as vivas artes escénicas invadan a vida cotiá da vila.

É sabido que a MITCFC é un referente autonómico e estatal en materia de igualdade de xénero, sendo a primeira mostra do estado que impulsou e aplicou o principio de paridade, mesmo desde antes do nacemento das leis galega e estatal de igualdade. Así, a unha programación  totalmente  paritaria, témoslle que sumar os dezasete anos de vida de Mulleres Acción e a sexta edición do Premio que leva o mesmo nome..

36 anos construíndo espazos, creando públicos, impulsando novas formas, promovendo a pedagoxía e os encontros profesionais, aplicando transversalmente o principio de igualdade, coproducindo espectáculos e non perdendo de vista o noso obxectivo principal, comunicar con HUMOR.