Ir o contido principal

XOSÉ MANUEL BUDIÑO en concerto Presenta: VOLTA

XOSÉ MANUEL BUDIÑO en concerto Presenta: VOLTA
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 14 de maio ás 22:00horas

 

XOSÉ MANUEL BUDIÑO en concerto Presenta: VOLTA
 

O novo traballo de Xosé Manuel Budiño, é un documental sobre unha viaxe de ida e volta, unha “road movie” ao longo de catro continentes que culmina cun concerto ao vivo no Festival de Ortigueira.
Dentro dun atractivo digipack, atoparemos o DVD do espectacular concerto no Festival de Ortigueira de 2009; intercalado con imaxes das xiras, un electrizante tema en directo con Deluxe, unha actuación sorpresa na compostelana Praza das Praterías e tamén, mini-entrevistas a grandes músicos moi próximos a Budiño: Kepa Junkera, Mercedes Peón, Xoél López, Jorge Pardo ou os escoceses Donald Shaw e Karen Matheson de Capercaillie. O encargado da dirección audiovisual foi o realizador galego Quique Otero.
Xa no CD poderemos introducirnos como un participante máis no Festival de Ortigueira, xa que a extraordinaria produción musical do disco aposta por unha auténtica inmersión do ouvinte entre o público do festival. Nesta experiencia única, Xosé Manuel Budiño ofrece un repaso polos temas máis representativos da súa carreira, dende o referencial “Paralaia”, pasando por temas de “Arredor”, “Zume de Terra” e “Home”; tamizados nesta ocasión por unha reinterpretación contemporánea, e impulsados por toda a potencia e intensidade que require un concerto ao vivo. Xunto a dous novos temas, “Volta e “Tradi”, atopámonos polo tanto, ante un disco onde atopar as mellores composicións do gaiteiro galego máis innovador.
Bos Aires, México DF, Oriente Próximo, Europa e finalmente Ortigueira…unha viaxe que queda reflexado nun extensísimo libreto que completa o pack de “VOLTA”.

+info: www.xosemanuelbudino.com

Venda de localidades:
Anticipada: servinova.es
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio.
2 horas antes do comezo do concerto.

Prezo da entrada: 10€