Ir o contido principal

TEATRO PROSCRITO Presenta: ROSA DE DOUS AROMAS

ROSA DE DOUS AROMAS
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 18 de marzo ás 21:00horas

TEATRO PROSCRITO Presenta: ROSA DE DOUS AROMAS de Emilio Carballido dirixida por Lino Braxe con Isabel Blanco e Sabela Hermida

 

Sinopse:

Dúas mulleres reunidas na sala de espera dun cárcere. Esta é a escena que dá inicio a Rosa de dous aromas, que, baixo a dirección de Lino Braxe, recrea a historia de dúas estranas que comezan a relacionarse cando descobren que visitan ao mesmo home.

Unha delas é a esposa. A outra a amante. Ambas as dúas teñen fillos do ausente que se encontra recluído por motivos pouco decorosos e toman unha decisión cuestionable da que non quedan claros todos os seus fundamentos: reunir o diñeiro para sacalo da cárcere. 

A pesar do engano e da vida paralela que descobren, Marlén e Gabriela conservan algo que as impulsa a buscar o xeito de liberar ao seu traizoeiro amor, descubrindo no camiño, entre medio de rifas e tandas para xuntar as moedas, que a amizade que comeza a unilas tórnase cada vez máis importante, e permitirá ó espectador adentrarse no complexo mundo dos sentimentos das mulleres.

Venda de localidades:
Anticipada:

www.servinova.com // tfno.: 902 504 500
O día da función: Despacho de billetes do auditorio
De 19 a 21horas. (2 horas antes do comezo da función).

Prezo da entrada: 5€