Ir o contido principal

TEATRO NU Presenta: COROS PARA DESPOIS DOS ASASINATOS

COROS PARA DESPOIS DOS ASASINATOS
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Sábado, 19 de marzo ás 21:00horas (9 da noite)

Domingo, 20 de marzo ás 20horas (8 do serán)
 

TEATRO NU Presenta: COROS PARA DESPOIS DOS ASASINATOS

De Edward Bond

Dirección: Zé Paredes

Interpretación:Mónica Camaño, Zé Paredes e Lois Soaxe

Deseño de iluminación: Zé Paredes / Deseño e construcción da marioneta: Alexandre Paz / Deseño de vestiario: Manola Camaño
Fotografía: Xabicas / Deseño gráfico: Nesi / Deseño de espazo sonoro: Anxo Graña / Deseño de producción: Zé Paredes e Mónica Camaño / Dramaturxia e traducción: Zé Paredes / Distribución: Zé Paredes e Lois Soaxe

Os personaxes de Coros para despois dos asasinatos non son máis que o resultado de fragmentos de guerra, dunha continua confrontación coa violencia humana coma carácter idiosincrático, sendo así, o que son ou o que fan non interesa realmente, mais si a súa continua relación coa violencia ou o resultado da mesma. Son personaxes tipolóxicos da sociedade moderna, economicamente brutal, na que os valores humanos son levados ao limite da súa utilidade e importancia, paso a paso, camiño do abismo na era da bomba H. Pero “as estrelas escribiron unha nova lei, non podemos rompela”.

Venda de localidades:
O día da función: Despacho de billetes do auditorio.
2 horas antes do comezo da función.

Prezo da entrada: 5€