Ir o contido principal

TEATRO NU Presenta: COA PALABRA NA LINGUA. CONCERTO EN DÚAS LINGUAS PARA DOUS ACTORES E UN MÚSICO

TEATRO NU Presenta: COA PALABRA NA LINGUA. CONCERTO EN DÚAS LINGUAS PARA DOUS ACTORES E UN MÚSICO
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 13 e sábado, 14 de marzo ás 21horas

TEATRO NU Presenta: COA PALABRA NA LINGUA. CONCERTO EN DÚAS LINGUAS PARA DOUS ACTORES E UN MÚSICO

Autor: Varios / Dirección: Zé Paredes / Adaptación: Zé Paredes e Mónica CamañoEscenografía: Alexandre Paz / Son: Anxo Graña / Iluminación: Afonso Castro / Vestiario: Mónica Camaño

Elenco artístico / formación: Mónica Camaño, Zé Paredes e Anxo Graña

Dous actores de diferentes nacionalidades, diferentes linguas, aínda que unidos por moitas afinidades culturais, constitúe un problema á hora de deseñar un proxecto? Nós cremos que non. Consideramos que a convivencia do galego co portugués é posíbel. Por iso buscamos, nun xénero límite, como é a poesía, o encontro teatral de dúas formas de falar distintas.
A través da discusión de dous actores sobre a súa condición, establécese un diálogo poético co apoio e interacción de un músico, actor tamén.
COA PALABRA NA LINGUA, é un percorrido emocional pola poesía, portuguesa e galega, unificadas no acto teatral.
Desde os poetas de comezos do século XX ata os de agora, as dúas linguas desfilan musicalmente polo corpo e pola voz dos intérpretes.
Fernando Pessoa, Álvaro Cunqueiro, Ary dos Santos, Avilés de Taramancos, Marta Dacosta, María Teresa Horta, Chus Pato...
Son algunhas das falas posíbeis neste traballo.

Clasificación: Teatro contemporáneo / Duración: 70 min. / Idioma: Galego e portugues / Público: Adulto.

Entrada: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.