Ir o contido principal

TEATRO EN PUNTO Presenta: CAMBIOS DE DESTINO

TEATRO EN PUNTO Presenta: CAMBIOS DE DESTINO
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 2 de abril ás 21:00horas

 

TEATRO EN PUNTO Presenta: CAMBIOS DE DESTINO

de Rubén Ruibal

Dirección: Nerea de Valenzuela.

Interpretación: Gloria Rico.

A liberdade é un camiño asilveirado, unha toxeira por desbravar. Día a día temos que cambiar de destino para conseguila, para deixar de ter medo, para deixar de tremer, para que o corazón non latexe tan rápido... ou para que non deixe de latexar.

Unha muller é destinada en interinidade a algunha aldea da Galicia rural. Alí descubrirá modos de vida e de pensamento que cría esquecidos e terá que adaptarse á maneira de ver o mundo da nova veciñanza e do alumnado. Pero, sobre todo, descubrirá o que son a verdadeira soidade e o medo certo. Todas estas circunstancias farán que teña que indagar no seu interior, evolucionar e madurar emocionalmente na procura dunha liberdade que aínda non coñecera.

Público: Adulto.

Xénero: Teatro contemporáneo.

Duración: 50 min.

Idioma: Galego.

Venda de localidades:

Despacho de billetes do auditorio.

2 horas antes do comezo da función.

Prezo da entrada: 5€