Data de inicio:
Data de fin:
Venres, 29 de xaneiro ás 20:00h. (8 da tarde), sábado, 30 e domingo 31 de xaneiro ás18:00h.(6 da tarde)
TEATRO DO MORCEGO Presenta: SALTIMBANQUIS
Autor: Irmans Grimm / Dirección: Celso Parada / Adaptación: Celso Parada / Escenografía: Carlos Alonso / Son: Serginho / Iluminación: David Deive / Vestiario: Carlos Alonso
Elenco artístico / formación: Mundo Villalustre, Iolanda Muiño, Blanca Cendán, Mighello Blanco e Serginho.
A peza ten como protagonista un burro, que, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballaba, na procura de mellores condicións de vida. No camiño á cidade, encontra un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo, xunto cunha gata, á que botaron da casa porque pasara a noite cantando. "Unidos contra a tiranía dos donos, deciden formar um conxunto musical e parten cara a cidade dos soños, compoñendo belas cancións".
Clasificación: Teatro infantil - Musical / Duración: 1 hora / Idioma: Galego / Público: Familiar.
Venda de localidades:
O día da función: no despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).
Entrada única: 3€.


