Ir o contido principal

TEATRO DO MORCEGO presenta: PRESIDENTE

PRESIDENTE
Fecha de inicio Data de inicio:

Domingo, 15 de novembro ás 20:00 horas.

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o PRESIDENTE visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.
Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do PRESIDENTE: Unha familia humilde en situación crítica con seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema, escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o PRESIDENTE disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.
Conseguirá o PRESIDENTE o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos?. Coñecerán o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política: PRESIDENTE
 
Idioma: Galego.
 
Venda de Localidades.
Venda de entradas o mesmo día:
Despacho de Billetes do Auditorio.
De 18:00 a 20:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).
 
Prezo: 10€.