Ir o contido principal

TEATRO DO ATLÁNTICO presenta: HELENA: Xuízo a unha lurpia”

Xuízo a unha lurpia
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 27 de outubro ás 21:00 horas.

 
Intérprete: María Barcala.

Autor: Miguel del Arco.

Dirección: Xúlio Lago.

Tradución: Inma L.Silva. Escenografía: Antonio F.Simón. Vestiario: Susa Porto. Música e espazo sonoro: Anxo Graña. Deseño de Iluminación: Xúlio Lago. Fotografía e deseño cartel: Tino Viz/Margen fotografía. Profesora de canto: Pilocha. Axudante Dirección: Lucía Regueiro.

 

Sinopse:

O autor, tomando como punto central da súa proposta un tempo mìtico que podemos situar nun milenio a.C., e abordando o drama dunha personaxe da mitoloxía grega, consegue que aquela muller dialogue  inequívocamente en tempo presente coa cidadanía deste século XXI que nos toca habitar, e que comparta cos nosos públicos unha reflexión e unha denuncia ao redor do drama da muller contemporánea e tamén de moitas das dramáticas circunstancia polas que transita a nosa civilización: a constante e brutal capacidade humana para a destrución, o saqueo, o asasinato, a violación, e/ou a insoportable sucesión de interminábeis guerras neste século XXI, iniciadas frecuentemente con xustificacións tan "curiosas" como foi o pretendido "rescate" da fermosa Helena para explicar o inicio dunha guerra que se prolonga dez anos e que culmina coa destrución de Troia.

A loita pola dignidade, pola xustiza e pola igualdade; a intensa denuncia contra a violencia de xénero e os abusos do poder, completan unha proposta relevante constantemente contrapesada pola ironía, o humor e o sarcasmo de Helena e pola súa expresión irrefreable, fermosa e conmovedora, da enorme paixón que lle inspira Paris; un amor inmenso inzado de tenrura, desexo, loucura, vida.

 

Venda de localidades:

Anticipada:  ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo da función.

 

Prezo: 5€.