Data de inicio:
Sábado, 27 de febreiro ás 21horas
TEATRO DEL NORTE Presenta: VANIA, la realidad y el deseo
Autor: Antón Chejov
Dramaturxia e dirección: Etelvino Vázquez
Interpretes: Cristina Lorenzo, David González, Carlos Mesa e Etelvino Vázquez
Espazo escénico e atrezzo: Carlos Lorenzo
Vestiario : Manuela Caso
Música orixinal: Vivaldi, Avalanch, Beethoven, J.S. Bach, Charpentier, Mozar
Iluminación: Rubén Alvarez e Etelvino Vázquez
Vania e o seu amigo Astrov son a cara e cruz dunha mesma moeda, dous derrotados da vida, e mentres Vania desespérase, loita e sofre , Astrov acepta a derrota, asúmea e trata de non sufrir, buscando un fío de esperanza nas xeracións futuras. Realidade e desexo, mocidade e vellez, amor e desamor, medos e angustias, uns personaxes que, do mesmo xeito que nós, viven inmersos nun mundo que non comprenden e que non os comprende, nun mundo onde a realidade e o desexo forman dúas realidades antagonicas. Uns personaxes que no medio desa corrente que chamamos vida tratan de sobrevivir a pesar da vellez, do paso do tempo e do medo ao propio desexo.
Venda de localidades
O día da función:
Despacho de billetes do Auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Prezo: 5€. Carne de familia numerosa, estudante e +65 anos: 3€


