Ir o contido principal

TEATRO DEL ANDAMIO presenta: O FERRO

TEATRO DEL ANDAMIO presenta: O FERRO
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 24 de marzo ás 21:00 horas.

 

Autor: Álvaro Guevara.

Dirección: Tatiana Likhacheva.

Interpretación: Gema Ulloa e Fran Martín.

Adaptación, escenografía, deseño de son e deseño de iluminación: Teatro del Andamio.

Vestiario: Anastasia Guevara.

Música: Teatro del Andamio.

Idioma: Lingua galega.

Clasificación: Teatro / Comedia.

Duración: 60 minutos.

 

Sinopse:

Esta e a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís, é un administrativo, que traballa nun banco. Rosa, é unha ama de casa que comezou estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou embarazada e tivo que deixar a carreira. Ademais, durante os últimos cinco anos tivo que coidar da súa sogra, enferma de alzeimer.Luís e Rosa Teñen unha  filla, de quince anos estudando no estranxeiro, unha hipoteca e un coche. Marta, está en Irlanda de intercambio durante o curso para aprender inglés. Falan cada tarde por Skype. Nada especial, todo como en calquera familia normal, en calquera cidade de España.

Pero hoxe, a vida de Rosa vai sufrir un revés e todo vai cambiar para sempre. Hoxe pásalle o ferro a un pantalón do seu marido, e atopa algo no peto: un papeliño “centrifugado” pola lavadora...

¿Que lle oculta a persoa coa que vive dende fai 14 años? ¿quen é agora esa persoa?

Rosa loita entre un terrible medo a enfrontarse á verdade e as fortes ganas de saber... pero ¿cal poderá máis?.

Toda unha historia de vida en clave de humor.

 

Venda de Localidades.

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O día da función: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo do espectáculo).

 

Prezo: 5€.